lunes, 19 de junio de 2023

ROTEIRO LITERARIO POLOS XARDÍNS DE MÉNDEZ NÚÑEZ

                                                (Xuño 2023) 

Os xardíns de Méndez Núñez son unha zona verde moi importante de A Coruña. Atópanse no centro da cidade entre os Cantones e o porto. Creáronse a mediados do século XIX e o seu nome fai alusión ao mariño Casto Méndez Núñez. Neles podemos atopar esculturas de galegos ilustres como Curros Enríquez, Concepción Arenal, Valle Inclán ou Emilia Pardo Bazán. 

1. Monumento a Curros Enríquez

Monumento a Curros Enríquez
 Hoxe fixemos a saída de fin de curso do Club de Lectura.

 Chegamos á avenida da Mariña na Coruña e comezamos un         roteiro a pé  facendo paradas de interese nos monumentos dos     principais autores entre eles Curros Enríquez e Emilia Pardo   Bazán.

A primeira parada foi no monumento a Curros Enríquez perto do Teatro Colón.

Atentos ás explicacións da profesora

Monumento Concepción Arenal
   2. Monumento a Concepción Arenal.

 O monumento a Concepción Arenal, autora ferrolana, sitúase na    zona central, á altura do Cantón Pequeno e preside unha                pequena glorieta.

 Fixemos unha pequena explicación da importancia desta autora     e a súa relación con Emilia Pardo Bazán.
 







Vista panorámica do monumento a Concepción Arenal

3.Monumento a Emilia Pardo Bazán



Dona Emilia Pardo Bazán foi unha muller nada común para a súa época. Naceu e pasou unha parte da súa vida na rúa Tebernas, na Cidade Vella. Foi unha escritora de gran talento e firme defensora dos dereitos das mulleres. A súa antiga casa é hoxe tamén a sede da Real Academia Galega da que era presidenta honoraria desde a súa fundación en 1906.

Nesta parada fixemos lectura dun conto da autora (Cuesta abajo).

 4.Monumento a Castelao


Unha pequena explicación da vida e obra deste autor


5. Rúa Real (Editorial Nós)


Chegamos agora ao número 36 da Rúa Real, onde unha placa recorda que alí Ánxel Casal fundou no 1927 a editorial Nós. Tamén foi sede das Irmandades da Fala, o movemento fundado en 1916 que propiciou unha gran actividade cultural en galego. A creación da Editorial Nós abríu camiño á publicación de obras moi importantes para o galeguismo. 






6. Teatro Rosalía. Pequena referencia ao Coro Galego Cantigas da Terra.





 






No hay comentarios:

Publicar un comentario