lunes, 26 de diciembre de 2022

 

VISITA Á BIBLIOTECA DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE A CORUÑA

Visita á sala César Antonio Molina  

 Unha biblioteca cunha valiosa colección

Os alumnos de 4º de ESO e 1º de Bacharelato  visitaron a Biblioteca da Deputación de A Coruña. Na Sala César Antonio Molina atoparon unha valiosa colección de libros manuscritos e o arquivo persoal de César Antonio Molina, con máis de 26000  títulos. Atoparon auténticas xoias bibliográficas: un incunable, varios facsímiles (unha Biblia hebrea, Codex Calixtinus e Beato de Liébana) e algún facsímil en formato miniatura.

Visita y explicaciones en la Sala César Antonio Molina.

     

 Visita á sala infantil e xuvenil.

No mesmo ciclo de actividades do curso 2022-23, para o Club de Lectura do IES Plurilingüe Elviña, os nosos alumnos visitaron, dentro da Biblioteca da Deputación, a sala dedicada á literatura xuvenil.

 Gran variedade de títulos na sala de literatura xuvenil






viernes, 23 de diciembre de 2022

 

ACTIVIDADES CURSO 2022-2023

Visita do escritor Fernando Lalana 

O pasado 14 de decembro o escritor Fernando Lalana fixo unha visita ao noso centro. Organizamos un encontro para o alumnado do Club de Lectura do IES Plurilingüe Elviña e o escritor firmou exemplares das súas novelas.

 


Os alumnos de 4º de ESO e os de Literatura Universal de 1º de Bacharelato fixeron preguntas moi interesantes ao autor de títulos tan coñecidos como La tuneladora, Morirás en Chafarinas o La muerte del cisne, obra de lectura dos alumnos de 4º de ESO nesta avaliación.
 
Tras o encontro, o autor firmou exemplares desta  última novela.