VISITA Á BIBLIOTECA DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE A CORUÑA
Visita á sala César Antonio Molina
Unha biblioteca cunha valiosa colección
Os alumnos de 4º de ESO e 1º de Bacharelato visitaron a Biblioteca da Deputación de A Coruña. Na Sala César Antonio Molina atoparon unha valiosa colección de libros manuscritos e o arquivo persoal de César Antonio Molina, con máis de 26000 títulos. Atoparon auténticas xoias bibliográficas: un incunable, varios facsímiles (unha Biblia hebrea, Codex Calixtinus e Beato de Liébana) e algún facsímil en formato miniatura.
Visita y explicaciones en la Sala César Antonio Molina.
Visita á sala infantil e xuvenil.
No mesmo ciclo de actividades do curso 2022-23, para o Club de Lectura do IES Plurilingüe Elviña, os nosos alumnos visitaron, dentro da Biblioteca da Deputación, a sala dedicada á literatura xuvenil.
![]() |
| Gran variedade de títulos na sala de literatura xuvenil |




